De un tempo a esta parte estou a ver noticias de índole económica que atañen de un xeito directo a diferentes sectores productivos básicos da economía galega. Un exemplo, o sector lácteo, que estivo no candeleiro por verse atenazado ata o límite de saír á rúa para intentar acadar uns precios do leite por enriba dos costos de produción. Estes problemas non son alleos a outros sectores productivos: basta ollar as cotizacións nas lonxas para comprobar que os peixes e mariscos teñen uns precios cunha clara tendencia á baixa, alcanzando nalgúns casos o 50%.
No sector madeireiro as árbores abatidos polo ciclón Klaus, teñen uns precios que están á mesma altura que as propias arbores. Deste mesmo xeito poderiamos falar do sector mexilloeiro, dos productores de patacas, do sector avícola, etc.
Todos estes sectores teñen dúas cousas en común: a primeira é que a sua ubicación xeográfica dun xeito maioritario esta en Galicia, e a segunda é que todos eles mostran unha clara tendencia á dispersión e á segregación entre os profesionais do mesmo gremio. ¿Qué fai que se concentren esas pautas en este espacio xeográfico tan concreto? Na miña opinión, o noso carácter é consecuencia dun illamento secular, posto que por unha banda tiñamos o océano Atlántico e pola outra estaban unhas pésimas comunicacións terrestres e unha orografia moi agreste. Si a isto lle engadimos a dureza do clima, chegamos á conclusión de que este recuncho non foi atractivo para outros pobos e culturas, razón pola cal esta zona se veu privada desa mistura de culturas que se produxo noutras civilizacións.
Outras hipóteses apuntan á falta de formación como consecuencia do acontecido nos sectores primarios. Non parece ser esa a resposta, posto que o mesmo problema está a pasar en sectores donde os seus integrantes teñen unha formación universitaria: véxase as dificultades que teñen as caixas de aforros pra acadar acordos que garantan a sua competitividade, tres aeroportos case sin voos directos a ningures, ou as tres universidades que compiten ano tras ano por acadar unha cuota de novas matrículas que lles permita continuar. Fixémonos tamén nos dous portos exteriores a 10 millas un do outro donde se están dilapidando o 80% das axudas que nos chegan de Europa ou a inminente chegada do AVE, que exsacerba de un xeito inusitado os localismos das principales cidades a hora de establecer prazos de execución e inclusive trazados.
O colmo do individualismo achégase ata a política, posto que cando os nosos representantes electos, tanto a nivel local coma autonómico tentan formar coalicións estables de goberno, o electorado lonxe de velo como un acto de madurez democrática, acábao entendendo coma unha fonte de friccións, onde é máis probable ter problemas cos socios de goberno que coa oposición.
De este xeito estamos a decir que a sociedade Galega no seu conxunto está a prescindir da principal forza que dispon un pobo pra un despegue social y economico, posto que si unificaramos criterios a hora de establecer prioridades, aplicando razóns técnicas sempre que se poida ou sociales cando a necesidade o requira, chegariamos á conclusión que na nova aritmética a suma de un máis un son máis de dous, como soe decirse " facer país".
Mentres a ciencia non poida aportarnos datos de por que iste singular rasgo se concentra en este recuncho poderemos pensar que os motivos estan por outra banda.
Porque habelas, hailas....
Como che puxen no post anterior é de agradecer o esforzo que fas pero vese que as árbores non te deixan ver o bosque. A pesar de que concordo en certas cousas (o do localismo, por exemplo) creo que falas en conxunto desde unha perspectiva sentimental e non empresarial, vese que amosas unha visión utópica e idealista das cousas e que te faltan os pilares do coñecemento na maioría.
ResponderEliminarO que me parece mal é que sigas, como bo bateeiro, ca liña de votar balóns fora (que si a competencia exterior, o da intevención da admón. non sei si é unha broma túa, etc.) na problemática que vos atinxe, ou non especifiques as túas propostas para mellorar o sector, máis alá de vanas conxeturas e argumentacións sen fundamento.
Finalmente, xa que non quero excederme na crítica, desexaría facerche unha pregunta, cales son según ti "os nosos representantes electos" que non se poñen de acordo a nivel local e autonómico para formar coalicións estables? Os meus desde logo non son.