lunes, 25 de enero de 2010

Unha de piratas


(R)Derecho a comunicar
Dende tempos inmemoriales estes foraxidos do mar gozaron dun áurea que, a ollos dos demáis mortais proxectaban unha imaxe misturada a partes iguais de medo e admiración.


Dende Espronceda a Sabina cantaron as súas andanzas, de ahí que sexan un colectivo que pasou a historia con esa imaxe simultánea de heroe e vilán.

A época de ouro da piratería é dende que apareceu a pesca industrial, alo por mediados do seculo XX. Pero existen notables diferencias no desenrolo desta profesión entre os tempos actuales e os séculos XVI e XVII posto que antigumente os corsarios estaban ao servicio de algúns países como por exemplo foi Inglaterra. Na actualidade son os países os que están ao servicio dos piratas, mandando fragatas e avións para que estes poidan exercer a súa labor con total impunidade.

Outra diferencia esta no reparto do botín, posto que antigamente os xefes e as súas tripulacións establecían as porcentajes que correspondían a cada un, na actualidade os tripulantes son todos máis ou menos mileuristas, e os que se fan co groso do botín nin están a bordo.

Quizais o ser pirata goce de certa simpatía porque no fondo ¿a quén non lle ía gustar non ceñirse a ninguha ley ou normativa?

Igualiño que os piratas actuales que so falan de pescar, con boas palabras, pero non fan nada pola explotación racional dos caladoiros nin a sostenibilidade das especies ou o equilibrio ecolóxico dos océanos ou tamén que unha parte do seu botín revirta socialmente na zona afectada. Porque o único recurso verdadeiramente inagotable é a codicia humana á hora de xestionar esas fontes de riqueza .

O que acontece hoxe nos mares de Somalia xa pasou antes na costa atlántica de África, onde a presión extractiva acabou prolongando o deserto do Sahara moitas millas mar a dentro e os pobos que se abastecían deses recursos para a subsistencia quedaron a velas vir.

Antigamente o poderío de calquera corsario estaba no calibre dos seus canóns e no numero que dispuxera destes. Na actualidade a forza basease nos medios de comunicación afíns e o seu poder de divulgación, para trasladar a outros as responsabilidades das decisions que eles tomaron. Non é difícil visualizar os sucesos que aconteceron co secuestro do Alakrana donde a responsabilidade do desenlace era do goberno, pero a decisión de asumir o riesgo foi do armador.

Para rematar somentes me queda recoñecer a valentía e profesionalidade dos nosos mariñeiros, que non están ahí por gusto senón para manter as súas familias e pagar as súas hipotecas, mentres os que levan o gato o auga ándanche ben tranquilos disfrutando da vida.