domingo, 18 de octubre de 2009

Cousas de meigas


De un tempo a esta parte estou a ver noticias de índole económica que atañen de un xeito directo a diferentes sectores productivos básicos da economía galega. Un exemplo, o sector lácteo, que estivo no candeleiro por verse atenazado ata o límite de saír á rúa para intentar acadar uns precios do leite por enriba dos costos de produción. Estes problemas non son alleos a outros sectores productivos: basta ollar as cotizacións nas lonxas para comprobar que os peixes e mariscos teñen uns precios cunha clara tendencia á baixa, alcanzando nalgúns casos o 50%.


No sector madeireiro as árbores abatidos polo ciclón Klaus, teñen uns precios que están á mesma altura que as propias arbores. Deste mesmo xeito poderiamos falar do sector mexilloeiro, dos productores de patacas, do sector avícola, etc.

Todos estes sectores teñen dúas cousas en común: a primeira é que a sua ubicación xeográfica dun xeito maioritario esta en Galicia, e a segunda é que todos eles mostran unha clara tendencia á dispersión e á segregación entre os profesionais do mesmo gremio. ¿Qué fai que se concentren esas pautas en este espacio xeográfico tan concreto? Na miña opinión, o noso carácter é consecuencia dun illamento secular, posto que por unha banda tiñamos o océano Atlántico e pola outra estaban unhas pésimas comunicacións terrestres e unha orografia moi agreste. Si a isto lle engadimos a dureza do clima, chegamos á conclusión de que este recuncho non foi atractivo para outros pobos e culturas, razón pola cal esta zona se veu privada desa mistura de culturas que se produxo noutras civilizacións.
Outras hipóteses apuntan á falta de formación como consecuencia do acontecido nos sectores primarios. Non parece ser esa a resposta, posto que o mesmo problema está a pasar en sectores donde os seus integrantes teñen unha formación universitaria: véxase as dificultades que teñen as caixas de aforros pra acadar acordos que garantan a sua competitividade, tres aeroportos case sin voos directos a ningures, ou as tres universidades que compiten ano tras ano por acadar unha cuota de novas matrículas que lles permita continuar. Fixémonos tamén nos dous portos exteriores a 10 millas un do outro donde se están dilapidando o 80% das axudas que nos chegan de Europa ou a inminente chegada do AVE, que exsacerba de un xeito inusitado os localismos das principales cidades a hora de establecer prazos de execución e inclusive trazados.
O colmo do individualismo achégase ata a política, posto que cando os nosos representantes electos, tanto a nivel local coma autonómico tentan formar coalicións estables de goberno, o electorado lonxe de velo como un acto de madurez democrática, acábao entendendo coma unha fonte de friccións, onde é máis probable ter problemas cos socios de goberno que coa oposición.

De este xeito estamos a decir que a sociedade Galega no seu conxunto está a prescindir da principal forza que dispon un pobo pra un despegue social y economico, posto que si unificaramos criterios a hora de establecer prioridades, aplicando razóns técnicas sempre que se poida ou sociales cando a necesidade o requira, chegariamos á conclusión que na nova aritmética a suma de un máis un son máis de dous, como soe decirse " facer país".

Mentres a ciencia non poida aportarnos datos de por que iste singular rasgo se concentra en este recuncho poderemos pensar que os motivos estan por outra banda.

Porque habelas, hailas....