domingo, 6 de septiembre de 2009

O sector mexilloeiro e os biomarcadores

Do mesmo xeito que algunhas especies de anfibios nos serven de marcadores para de3terminar a degradación dos nosos ecosistemas fluviais, o sector mexilloeiro é un excelente marcador de xestión empresarial privada pero fortemente intervida pola Administración Pública.

Dita intervención comenza na propia concesión administrativa onde se ubica a batea, que pasou de ser de 99 anos a 30 (Lei de pesca de 1993).

De seguido regúlase a repoboación de cría que somentes se pode extraer con unha guía que expidee a Consellería de Pesca. Tamén temos regulada a producción con un máximo de 500 metros cadrados que non pode exceder a batea, como tamén o tope de 500 cordas de un máximo de 12 metros.

Está plenamente controlado dende a Administración a salubridade do producto e a súa trazabilidade no acceso aos mercados.

E por último, tamén a Xunta ten tódolos datos de vendas de mexillón posto que é a encargada de emitir as guías preceptivas de transporte e manipulación de moluscos.

Con esta aclaración previa queda explicada que tanto a copetitividade como a cohesión e a rentabilidade do sector mexilloeiro está estreitamente vinculada ás decisión s que determine a Consellería de Pesca. Basta ubicar no tempo os vaivéns do sector coa promulgación de leis, normativas e decretos.

Si o conxunto do sector mexilloeiro fose un ecosistema fluvial, vería moi reducida a súa poboación autóctona de ras e tritóns, a cambio tería moitos cangrexos procedentes do cono sur que un día botou conscientemente un bartbudo.